UN ESPAZO ÚNICO PARA FUNDIRSE COA NATUREZA

En Espazo Nature, o murmurio do mar abraza cada recuncho. Un complexo sostible onde natureza, descanso e benestar se combinan para crear unha experiencia única a só 5 minutos a pé da praia de Razo. Con vistas ao mar e á lagoa de Baldaio, este refuxio convértese no lugar perfecto para fundirse coa contorna.

ALOXAMENTOS

Alta calidade, sustentabilidade e integración co medio natural definen as nosas villas, cabanas e glamping.
Aloxamentos de diferentes tamaños, ambientes e comodidades cun elemento común: as vistas á praia de Razo–Baldaio e ás Sisargas.
Con capacidade para 2, 4 ou 6 persoas, cada espazo conta cun mobiliario único e de deseño, ademais de elementos como baño propio, terraza, cociña, piscina privada ou bañeira.

Descobre os diferentes aloxamentos e escolle o que mellor se adapte a ti.

RESTAURANTE

En Espazo Nature respírase benestar en todos os sentidos. Tamén na cociña.

Planteamos unha experiencia culinaria única baseada no produto de calidade e de proximidade.

Un enclave gastronómico en plena natureza no que degustar pratos atlánticos elaborados con mimo e dedicación.

Sumerxiraste na tranquilidade e impresionantes vistas mentres saboreas cada bocado.

Reserva chamando ó +34 628 10 03 00.

SERVIZOS

A praia de Razo, a maior praia de mar aberto de Galicia, é un escenario natural único para vivir experiencias inesquecibles.

En Espazo Nature atoparás actividades e experiencias para todos os gustos: relax, aventura e natureza na súa máxima expresión.

O lugar perfecto para desconectar, respirar e deixarte levar.

SÚSCRÍBETE E GOZA DUN 10 % DE DESCONTO

¡E que non se che escape a onda!  

Rexístrate para estar ao tanto de todo o que acontece en Espazo Nature.

* requerido