GRAN VILLA NATURE
A raíña da coroa.
A nosa Gran Villa Nature é un aloxamento incrible, concibido para acoller ata 6 persoas e ofrecer unha experiencia única para fundirse co mar, compartir bos momentos e gozar dun espazo de deseño situado nun entorno natural excepcional.
No seu interior conta cun luminoso salón-comedor con amplo sofá cama e cociña totalmente equipada, ademais de dous dormitorios e dous baños. Todo o necesario para vivir uns días de descanso con todas as comodidades.
Un dos seus grandes atractivos é a terraza con mobiliario exterior e piscina privada con frontal de vidro.
Coas vistas ao complexo dunar da praia de Razo–Baldaio, poderás darte un baño, relaxarte ou sentir a brisa mariña mentres contemplas a beleza da contorna.