VILLA NATURE

A nosa Villa Nature é un refuxio perfecto para desconectar da rutina e mergullarte na natureza, mentres compartes momentos especiais nun aloxamento sostible e de deseño.

A vila conta cun acolledor salón-comedor con sofá cama, un amplo dormitorio, un baño e unha cociña completamente equipada, para que goces de todas as comodidades sen saír do complexo.
Ademais, a bañeira interior con vistas ao mar permitiravos darvos un baño mentres contemplades as marabillosas vistas á praia de Razo.

Desde a súa terraza con mobiliario exterior poderás admirar o océano Atlántico, escoitar o son das ondas e sentir a brisa salgada, mentres te relaxas e gozas da compañía.

Unha das nosas vilas está deseñada e equipada pensando na accesibilidade para persoas con mobilidade reducida, e dispón dunha bañeira panorámica exterior, permitindo que todos os hóspedes gocen plenamente da súa experiencia en Espazo Nature.

Detalles

1 Habitación con cama King size (180 x 210).
1 Sofá cama Queen (160 x 195)
Cociña completamente equipada, incluyendo lavaluzas.
1 Baño
Bañera con vistas ao mar (só en dous das tres vivendas, xa que unha está adatada a minusválidos).
Terraza con mobiliario exterior evistas ao mar.