INFORMACIÓN XERAL

O presente aviso e información legais (en diante, o “aviso legal”) serve para dar cumprimento ao establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico. A continuación indícanse os datos de información xeral deste sitio web:

  • Titular: ESPAZO NATURE RETREAT, S.L
  • Enderezo: Lugar de Peados, Razo, Carballo, A Coruña
  • Información de contacto: protecciondatos@espazonature.com
  • Datos rexistrais: Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña – inscrita no tomo 3.802 do Arquivo, Sección Xeral, ao folio 178, folla número C-62.800, inscrición 1ª
  • CIF: B44582245

USUARIOS

O acceso e/ou uso do Portal atribúe a quen o realiza a condición de Usuario, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen reserva algunha, os presentes Termos e Condicións, así como as Condicións Particulares que, de ser o caso, completen, modifiquen ou substitúan as Condicións Xerais en relación con determinados servizos e contidos do Portal. Polo tanto, con anterioridade ao uso dos servizos ofrecidos polo Portal, o usuario debe ler atentamente as correspondentes Condicións Particulares.

Así mesmo, a utilización do Portal atópase sometida igualmente a todos os avisos, regulamentos de uso e instrucións postos en coñecemento do usuario por ESPAZO NATURE RETREAT, S.L., na medida en que substitúan, completen e/ou modifiquen o presente Aviso Legal. ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. poderá, para maior axilidade no funcionamento do Portal e en beneficio dos usuarios, modificar os servizos prestados e calquera aspecto substancial da presente páxina, así como as condicións de operatividade, técnicas e de uso dos servizos do Portal.

Do mesmo xeito, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. pode modificar estas Condicións Xerais ou as Condicións Particulares que se apliquen a un servizo ou contido, o que será publicado no Portal mediante o correspondente aviso. As modificacións non se aplicarán con carácter retroactivo e entrarán en vigor a partir da data da súa publicación. Se non aceptas as condicións modificadas dun servizo, deberás deixar de usar dito servizo. Recomendámosche que consultes periodicamente as condicións de uso do Portal.

USO DA PÁXINA WEB, DOS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

O usuario comprométese a utilizar o Portal e os seus servizos e contidos de maneira acorde coa lexislación vixente, a moral, os bos costumes e a orde pública, así como a non contravir o disposto no presente Aviso Legal e naquelas condicións que o completen, modifiquen ou substitúan. En consecuencia, o Usuario queda obrigado a non utilizar o Portal nin os seus servizos e contidos con fins ou efectos ilícitos ou lesivos de dereitos e/ou intereses de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ou de terceiros que, de calquera forma, poidan danar o normal funcionamento do Portal ou o dos servizos accesibles a través del para o resto dos usuarios, para ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. e/ou para a súa imaxe.

Con carácter xeral, a prestación dos servizos non esixe a previa subscrición ou rexistro dos usuarios. Non obstante, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. pode condicionar a utilización dalgúns servizos á previa cumprimentación do correspondente rexistro de usuario ou á cumprimentación de formularios. En todo caso, o rexistro efectuarase na forma expresamente indicada no propio servizo ou nas condicións particulares que o regulen, debendo o usuario facilitar información veraz e manter actualizada, en todo momento, a información que achegue. O Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause a ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ou a terceiros pola información que forneza.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, copia, distribución, difusión, comunicación pública, transformación ou modificación, agás que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ou dos seus lexítimos titulares sobre os mesmos.
  • O seu uso para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do Portal por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos usuarios, así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo ningún ao Portal de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. e/ou aos servizos ou contidos.

RESPONSABILIDADE DO USUARIO POR DANOS E PREXUÍZOS E MOTIVOS DE EXCLUSIÓN

O uso do Portal realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do usuario, quedando exonerada expresamente ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. dos danos e/ou prexuízos que se puidesen causar ao usuario ou a terceiros por dito uso en contra do establecido no presente Aviso Legal e nas condicións particulares que en cada caso fosen de aplicación. Dita responsabilidade estenderase ao uso, por parte do usuario ou de calquera terceiro, de calquera contrasinal ou similares asignados para o acceso ao Portal, de ser o caso, ou a calquera dos seus servizos.

Sen prexuízo do anterior, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. resérvase o dereito a denegar en calquera momento e sen necesidade de aviso previo o acceso ao Portal a aqueles usuarios que incumpran estas condicións xerais, ou as particulares que en cada caso lles sexan de aplicación, así como por incumprimento das leis, da moral e/ou da orde pública.

A exclusión do usuario non suporá a renuncia de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. a interpoñer as accións legais correspondentes ou as indemnizacións que en dereito correspondan.

“HIPERLIGAZÓNS” OU “HIPERVÍNCULOS”

O Portal pode poñer á disposición dos usuarios conexións e ligazóns a outros sitios web xestionados e controlados por terceiros. Ditás ligazóns teñen como exclusiva función facilitar aos usuarios a busca de información, contidos e servizos en Internet, sen que en ningún caso poida considerarse unha suxestión, recomendación ou invitación para a súa visita. ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. non comercializa, nin dirixe, nin controla previamente, nin fai propios os contidos, servizos, informacións e manifestacións dispoñibles en ditos sitios web.

Polo tanto, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. non asume ningún tipo de responsabilidade, nin sequera de forma indirecta ou subsidiaria, polos danos e prexuízos de toda clase que puidesen derivarse do acceso, mantemento, uso, calidade, licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos, informacións, comunicacións, opinións, manifestacións, produtos e servizos existentes ou ofrecidos nos sitios web non xestionados por ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. e que resulten accesibles a través do Portal.

As persoas ou entidades que pretendan realizar ou realicen unha hiperligazón desde unha páxina web doutro portal de Internet a calquera das páxinas do portal de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. deberán someterse ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do Portal.
  • Non se establecerán deep-links, nin ligazóns IMG ou de imaxe, nin frames coas páxinas do Portal sen a previa autorización expresa de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L.
  • Non se incluirá ningunha manifestación falsa, inexacta ou incorrecta sobre as páxinas do Portal de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L., os seus empregados, nin sobre os servizos ou contidos do Portal.
  • Agás aqueles signos que formen parte da “hiperligazón”, a páxina web na que se estableza non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de establecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes a ESPAZO NATURE RETREAT, S.L., salvo autorización expresa desta.
  • O establecemento da “hiperligazón” non implicará a existencia de relacións entre ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. e o titular da páxina web ou do portal desde o cal se realice, nin o coñecemento e aceptación por parte de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. dos servizos e contidos ofrecidos nese portal.
  • ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. non será responsable dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web ou portal desde o cal se realice a “hiperligazón” nin das informacións e manifestacións incluídas na mesma.
  • A páxina web na que se estableza a “hiperligazón” non conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública, así como tampouco incluirá contidos contrarios a calquera dereitos de terceiros.
  • Calquera “hiperligazón” ao Portal efectuarase á súa páxina principal ou ás páxinas principais das seccións que contén.

PROPIEDADE INTELECTUAL

Todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no Portal son propiedade de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ou dos seus licenciatarios, sen que poida entenderse que o uso ou acceso ao Portal e/ou aos servizos ofrecidos nel atribúa ao Usuario dereito ningún sobre as citadas marcas, nomes comerciais e/ou signos distintivos. En concreto, as marcas incluídas no Portal atópanse suxeitas á lexislación aplicable en materia de propiedade industrial, ficando prohibida a súa reprodución ou uso sen a autorización do seu titular.

Así mesmo, os contidos e informacións que aparecen no Portal son propiedade intelectual de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ou dos seus licenciatarios, sen que poidan entenderse cedidos ao Usuario, en virtude do establecido neste Aviso Legal, ningún dos dereitos de explotación que existen ou poidan existir sobre ditos contidos ou informacións alén do estritamente necesario para o correcto uso do Portal e dos servizos que se ofrecen a través del.

ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. mantén un firme compromiso coa protección da Propiedade Intelectual e Industrial na Rede. Con este fin, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. manifesta que aplica e implementa altos estándares de seguridade para protexer os contidos expostos na súa páxina web. Porén, malia iso, poden producirse situacións extraordinarias non imputables a ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. que escapen ao seu control. Neste sentido, co obxecto de preservar os dereitos de propiedade industrial e intelectual, no caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que se produciu unha violación dos seus lexítimos dereitos pola introdución dun determinado contido no Portal, deberá notificar tal circunstancia a ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. no enderezo postal referido arriba.

Os dereitos de propiedade intelectual da web https://espazonature.com/es/, así como de calquera dos elementos susceptíbeis de seren considerados obra de acordo coa normativa de Propiedade Intelectual, pertencen única e exclusivamente a ESPAZO NATURE RETREAT, S.L., sendo o titular de todos os dereitos de propiedade intelectual.

Na súa calidade de titular único dos dereitos de propiedade intelectual do Portal, corresponde a ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. o exercicio exclusivo dos dereitos derivados da titularidade do dominio https://espazonature.com/es/ e, en consecuencia, outorgar calquera autorización para o exercicio de toda actividade derivada dos dereitos de explotación do mesmo, e en particular, o dereito de reprodución, o dereito de comunicación pública, o dereito de distribución, o dereito de posta a disposición do público ou o dereito de transformación, sexa cal for o formato utilizado.

Calquera cita ou referencia a dereitos de propiedade industrial de terceiros, incluída no Portal, implica un recoñecemento por parte de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. a favor dos seus titulares, dos correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual; a súa inclusión ou referencia no Portal non implica a existencia de ningún dereito ou responsabilidade por parte de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. sobre os mesmos, tendo sido autorizada a súa inclusión e cita debidamente, de acordo co estipulado na normativa vixente, e non debendo considerarse tal inclusión como un patrocinio ou recomendación por parte de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ás marcas referidas.

A lexitimidade dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial correspondentes aos contidos achegados por terceiros é da exclusiva responsabilidade destes.

Os usuarios de Internet que accedan ao Portal poden visualizar a información contida nel e efectuar descargas ou reproducións privadas no seu sistema informático, sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros nin se instalen nun servidor conectado a Internet ou a unha rede local. Non se permite, sen prexuízo do recollido no presente Aviso Legal, a distribución, modificación, cesión, comunicación pública nin calquera outro acto, de parte ou da totalidade da información publicada no Portal, sen autorización previa de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L.

O usuario deberá utilizar os contidos e informacións recollidos no Portal de forma dilixente, correcta e lícita e, en concreto, unicamente para uso persoal e non comercial, sempre e cando non se elimine nin modifique o contido ou calquera mención de fontes, copyright e demais datos identificativos de dereitos de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. ou de terceiros, é dicir, respectando a súa forma orixinal. Queda prohibida calquera reprodución ou copia, distribución ou publicación, de calquera clase, do contido da información publicada no Portal, sen autorización previa e por escrito de ESPAZO NATURE RETREAT, S.L.

EXCLUSIÓN DE RESPONSABILIDADE E GARANTÍAS

ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, da fiabilidade, dispoñibilidade ou continuidade dos servizos postos a disposición do usuario a través do Portal, polo que exclúe calquera responsabilidade polos danos e/ou prexuízos que poidan derivar da falta de dispoñibilidade, fiabilidade ou continuidade do Portal ou dos seus servizos, aínda que tentará facilitar, na medida das súas posibilidades, axuda técnica á persoa afectada, así como tentar restablecer de inmediato a interrupción, poñendo á súa disposición, na medida das súas posibilidades, medios alternativos. En ningún caso, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. será responsable polas perdas, danos ou prexuízos de calquera tipo derivados do acceso e/ou uso do Portal e do sistema de reservas.

O cliente poderá dirixirse para realizar calquera reclamación, ben a través da recepción do propio hotel, ou ben por medio da dirección de correo electrónico: protecciondatos@espazonature.com

ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. non se obriga a controlar nin controla con carácter previo a ausencia de virus ou elementos nos contidos que poidan producir alteracións no software ou hardware dos usuarios ou das persoas que visiten a páxina web, polo que non responderá dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen derivar do anterior.

Do mesmo xeito, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. non outorga ningunha garantía nin se fai responsable, en ningún caso, dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidesen ter como causa:

  • A falta de utilidade, adecuación ou validez do Portal e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
  • A recepción, obtención, almacenaxe, difusión ou transmisión, por parte dos usuarios, dos contidos e a infracción dos dereitos de propiedade intelectual, industrial, marcas, honra, intimidade persoal e familiar, protección de datos, imaxe, propiedade ou calquera dereito de terceiros como consecuencia diso.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes Condicións Xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública do Portal, dos seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade, actualización e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos a disposición dos usuarios no Portal e/ou dos contidos.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigas ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios a través do Portal.
  • As opinións vertidas polos usuarios nos foros, chats e mensaxes de opinión que puidesen habilitarse nas distintas zonas do Portal.
  • O coñecemento que poidan ter terceiros non autorizados da clase, condicións, características e circunstancias do uso que os usuarios fan do Portal e dos servizos e/ou contidos.

POLÍTICA DE PRIVACIDADE E TRATAMENTO DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

O tratamento de datos de carácter persoal levado a cabo por ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. realizarase conforme ao establecido na Política de Privacidade establecida pola compañía.

LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICIÓN

As presentes Condicións Xerais rexeranse pola lexislación española.

ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puider corresponderlles, sométense á xurisdición dos Xulgados e Tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen xurdir ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo do Portal e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido. No suposto de que o Usuario teña o seu domicilio fóra dun Estado Membro da Unión Europea, ESPAZO NATURE RETREAT, S.L. e o Usuario, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da Coruña.