Suplemento por persoa extra (ata un máximo de 6 persoas) e suplemento de tempada alta, válido para todo o ano agás do 15 de xullo ao 31 de agosto.
Bono agasallo Gran Vila de vacacións en Galicia
¿Estás a buscar o agasallo perfecto para sorprender a esa persoa especial?
Un bono agasallo para unhas vacacións en Galicia é a opción ideal.
Imaxina regalar unha estancia nunha Gran Vila, onde poder gozar dunha escapada única, rodeado do mar, da natureza e da beleza da costa galega.
Escapada de luxo en Galicia
Propoñémosche unha experiencia diferente: unhas vacacións en Galicia cun bono agasallo para unha impresionante Gran Vila situada fronte á praia de Razo, un espazo protexido que forma parte do Espazo Natural de Razo-Baldaio.
Ademais da tranquilidade e das vistas a todo o areal, pasarás os teus días nunha vila de luxo en Galicia, con todas as comodidades para desconectar, incluída unha piscina privada onde refrescarte e relaxarte ao teu ritmo.
Agasallo de vacacións familiares en Galicia
A nosa Gran Vila tamén é perfecta para gozar uns días en familia nun entorno paradisíaco, compartindo momentos únicos cos teus.
Imaxina percorrer a costa galega, descubrir as súas paisaxes naturais e gozar dunha Gran Vila totalmente equipada, tanto en parella como cos máis pequenos da casa.