Opcional: suplemento por persoa extra (ata un máximo de 4 persoas) e suplemento de tempada alta, válido para todo o ano agás do 15 de xullo ao 31 de agosto.
Bono agasallo vila de vacacións en Galicia
¿Estás a buscar o agasallo perfecto para a túa parella?
O noso bono agasallo para unha vila de vacacións en Galicia é unha forma diferente de sorprender e compartir tempo xuntos.
Escapa do estrés cotián, da rutina do día a día, e regala momentos de descanso e desconexión nun dos lugares máis especiais de Galicia.
Goza dunha vila privada en Galicia
Con este bono agasallo para a túa viaxe a Galicia gozarás dunha estancia nunha vila con todas as comodidades, un aloxamento exclusivo fronte á praia de Razo.
Un entorno protexido, parte do Espazo Natural de Razo-Baldaio, perfecto tamén para practicar actividades como o surf.
Tanto se buscas unha escapada romántica, unhas vacacións en familia ou unha experiencia relaxante, as nosas villas contan con todos os servizos e comodidades para que cada momento sexa especial e te sintas como na casa.
Unha experiencia para lembrar
Sorprende con un dos nosos bonos, un billete directo para desconectar na natureza, explorar a costa ou atopar a calma nunha vila privada en Galicia.
Espazo Nature conta ademais cun fantástico restaurante para os hóspedes, cunha carta atlántica que pon en valor o produto local e os sabores da zona.
Tamén é habitual a realización de actividades centradas no benestar e na actividade física dentro do complexo.