ONDE A TERRA ABRAZA O MAR

Razo é a porta de entrada á Costa da Morte, un litoral rebelde de vilas mariñeiras, faros e grandes praias de area fina.
Aquí nace a Depresión Meridiana, un fenómeno xeolóxico que divide Galicia de norte a sur: unha liña de fracturas terrestres de 140 quilómetros que vai desde Razo ata Tui.

En Espazo Nature ofrecemos unha ampla variedade de actividades, desde as máis relaxantes ata as máis activas, para que goces dunha experiencia única neste entorno natural, o lugar perfecto para descansar e fundirse coa natureza.

Podes reservar calquera das nosas experiencias, tanto se estás aloxado como se non, a través de WhatsApp ou chamando ao 981 75 23 27.

ESPAZO GASTRO

Saborea a esencia do Atlántico en cada prato

Cada detalle está pensado para que goces dunha cociña honesta e próxima.

Situado nun espazo natural impresionante, o noso restaurante ofréceche unha experiencia gastronómica con alma atlántica.
Pratos elaborados con mimo, ingredientes de proximidade e unha paisaxe que te conecta co mar.

No noso Instagram @espazo_gastro podes ver un adianto do que te agarda: sabor, paisaxe e moito agarimo en cada bocado.

Reserva mesa facendo clic no botón de abaixo ou chamando ao +34 628 10 03 00, e goza dunha experiencia gastronómica única.

ESPAZO BENESTAR

Relax e introspección en harmonía coa contorna

Calma os teus sentidos a través das nosas masaxes relaxantes e tratamentos, onde os aceites e esencias naturais te transportan a un estado de serenidade e equilibrio.

ESPAZO ACTIVE

Movemento en contacto coa natureza

Vive o solpor mentres practicas surf ou kitesurf na praia de Razo. Unha experiencia única que che fará sentir a adrenalina, o océano e a maxia da Costa da Morte.

Goza da nosa clase de ioga estilo Vinyasa, unha experiencia sensorial na que corpo e mente se fusionan coa contorna, conectando profundamente coa natureza.

ESPAZO EXPLORE

Explora os recunchos secretos dunha maneira única

Descubre A Costa da Morte mentres pedaleas en bici, te divirtes en kayak ou paddle surf, cabalgas polas dunas naturais ou navegas en barco. Unha maneira diferente de coñecer os lugares secretos do noso entorno natural.

Valoramos e protexemos a natureza, por iso as nosas actividades desenvólvense de forma respectuosa e comprometida coa contorna.